ConcellosO BarcoÚltima hora

Membros da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra fan parada no Pazo do Castro (O Barco)

Membros da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra./ Foto cedida.

 

Despois dun longo período de incertidume sen poder levar a cabo o seu tradicional programa de actividades, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra iniciaba o 2022 con ánimos renovados.

Co obxectivo de que este ano sexa o da volta á normalidade, no calendario de andainas programado incluían varias etapas do Camiño de Inverno que pretenden realizar na súa totalidade neste Ano Santo, sobre todo tendo en conta que será o primeiro que se celebre coa oficialidade do Camiño que atravesa a Ribeira Sacra.

Así, a mediados de febreiro iniciaban a peregrinación polo Camiño de Inverno coa etapa Ponferrada-As Médulas (24 km). O día 6 de marzo facían As Médulas-Sobradelo (18,5 km) e na mañá deste domingo 27 de Marzo chegaban ao Barco de Valdeorras, facendo parada no Hotel Monumento Pazo do Castro para xantar.

Nesta terceira etapa participaban 54 membros das asociación, contando coa recepción por parte de varios membros das Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, entres eles da presidenta, Asunción Arias.

Se nada o impide, a seguinte etapa, en plena Semana Santa (10 de abril) será xa por terras da Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button