ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Membros da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra percorren Valdeorras

Na mañá do 25 de marzo completaban a etapa do Camiño de Inverno entre O Barco e A Rúa

Un grupo de peregrinos percorría, na mañá do Domingo de Ramos, un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. En concreto, os 14 quilómetros que separan O Barco, onde comezaban a etapa, e A Rúa. Eran o medio cento de persoas que están facendo o Camiño por etapas, da man da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

Tal como explica a súa presidenta, Aida Menéndez, ademais de facer a ruta xacobea aproveitan cada saída para coñecer turística e culturalmente cadda zona que visitan, por iso, máis aló da etapa que remataba en Fontei (A Rúa), continuaban camiño ata a Ponte da Cigarrosa (de orixe romana pola que pasa a Via Nova ou Via XVIII) sobre o río Sil, visitando ademais o pobo de Petín e o miradoiro sobre o val. Tralo xantar, no Hotel Monumento Pazo do Castro, visitaban a fortaleza do Castro.

Quince días antes, ese mesmo grupo realizaba a etapa entre Puente de Domingo Flórez e O Barco de Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres primeiras da galería.

Artigos relacionados

Back to top button