OurenseÚltima hora

Membros de Disvalia visitan o Parlamento de Galicia

Foron recibidos polos conselleiros de Industria e Política Social, e polo presidente da Cámara

Uns días despois de emitir un comunicado manifestando o seu malestar polo funcionamento do servizo de rehabilitación do Hospital Comarcal Valdeorras, os membros de Disvalia viaxaban ata Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia. Facíano en resposta ao convite feito polo mesmo para asistir a unha sesión parlamentaria e visitar as instalacións e a colección de arte.

Despois de asistir como público á última parte da sesión parlamentaria do mércores 21 de novembro, o colectivo era recibido polos conselleiros de Economía, Empregoo e Industria, Francisco Conde López e Política Social, Fabiola García Martínez, así como polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices.

Na reunión, Disvalía expuso as súas inquedanzas en Valdeorras, cambiando impresións sobre diferentes temas. Dende o colectivo valdeorrés agradecen o presidente e aos conselleiros o bo recibimento e atención.

Artigos relacionados

Back to top button