CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Membros de Los Íñigos dan un concerto didáctico no CEIP Julio Gurriarán

Os cativos do centro barquense asistiron a unha clase de música en directo

Como se usa un afinador, as diferenzas entre un baixo e unha guitarra, os sons graves e os agudos,… son algúns dos datos que tres músicos valdeorreses daban aos alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, na mañá do 7 de xuño.

Jorge Álvarez, Juan Carlos Blanco e Mireia Prieto, membros de Los Íñigos e Trasnochando, achegábanse ata o centro barquense para dar un concerto didáctico aos cativos, dende Infantil ata 6º de Primaria, “para que coñezades o que é é a música despois do conservatorio”, dixo Jorge. E entre explicación e explicación, os temas do repertorio máis festeiro de Los Íñigos acompañados ás palmas dos nenos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button
Close