OurenseÚltima hora

A memoria dos catro soldados ourensáns caídos en combates no exterior

A Delegación de Defensa celebrou onte, 2 de maio, o seu día, no que tamén conmemoraron o Día do Reservista Voluntario. No acto, celebrado no propio edificio da Subdelegación, entregaron condecoracións tanto ao persoal civil coma o militar. O acto estivo presidido polo propio delegado de Defensa en Galicia, o coronel Juan Carlos Sacha, e polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel. E estiveron representadas diferentes autoridades civís, militares e eclesiásticas.

Ademais da entrega de medallas, fíxose unha solemne homenaxe aos catro ourensáns que perderon a vida en combates no exterior. En concreto, homenaxearon ao paracaidista Isaac Piñeiro, falecido en Bosnia; ao guardia civil Jaime Pérez Fortes; ao cabo primeiro falecido na operación Libertad Duradera en Kenia, Leandro Rois, cabo da Armada e, finalmente, ao soldado da BRILAT, Diego González, falecido nunha misión en Afganistán.

Por outra banda, no eido da celebración do día do Reservista Voluntario, creado no ano 2003, fixeron a entrega do título de reservista honorífico a alférez a Flora Fernández.

Tamén fixeron entrega do premio do concurso literario Carta a un militar español á alumna de 4º da ESO Noemí Vidal Conde, do colexio Padre Feijóo Zorelle.

Tras a celebración, todos os asistentes baixaron ao patio central da Subdelegación de Defensa para gozar dun aperitivo.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button