ConcellosÚltima hora

A memoria visual da antiga Festa de Reis da Mezquita, nunha exposición

 

Entre os días 4 e 10 de xaneiro poderá visitarse no edificio Multiusos de A Mezquita, a mostra “Memoria de Reis”. Trátase dunha “exposición participativa” arredor da tradicional Festa de Reis neste municipio, tal e como a define a Asociación Os Tres Reinos, promotora da iniciativa.

O que se pretende é que os veciños colaboren “aportando datos sobre cada imaxe, abrindo unha porta entre o pasado e o presente”, sinalan dende esta entidade. Poderán verse fotos desta antiga celebración que foron tomadas durante os últimos 40 anos.

O acto inaugural, que contará coa presenza do alcalde da Mezquita, Rafael Pérez; terá lugar o día 4 de xaneiro ás 12:30h. A exposición participativa terá lugar entre os días 4 e 10 de xaneiro, pasando despois a ser unha mostra permanente. A imaxes exhibidas foron donadas para a exposición polas veciñas e veciños do pobo.

Artigos relacionados

Back to top button