CulturaCulturaÚltima hora

Mencía Yano presenta o seu novo libro en Petín

“El amor siempre llama dos veces” é a segunda novela erótica desta autora valdeorresa

Dúas épocas distintas, unha mesma relación. A escritora valdeorresa Mencía Yano (Ofir Enríquez) narra en “El amor siempre llama dos veces” o reencontro de Manuel e Uxía. Trátase dunha nova incursión no terreo da novela erótica desta autora que se daba a coñecer con éxito con “Magnolias para Andrea”. O libro presentábase na tarde do 28 de marzo no Tele-Club de Petín. No acto, guiado pola irmá da autora, a filóloga Rosa Enríquez, tamén participaba o alcalde de Petín, Miguel Bautista.

Ademais de referirse ao seu novo libro, Mencía Yano explicaba a súa relación coa escritura e adiantaba algún novo proxecto. Tamén agradecía a presenza dos asistentes, así como da súa irmá, do alcalde de Petín, “que sempre me apoiou dende o principio”, de amigos e veciños e da Asociación Fonte Grande de Petín.

Tras a presentación, a autora asinaba libros e podía escoitarse á música de David e Jesús. Tamén se agasallaba aos asistentes con diversos pinchos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button