CulturaCulturaÚltima hora

Méndez Ferrín e Atxaga, nos encontros literarios do Liceo de Ourense

Os escritores darán sendas conferencias os dias 5 e 6 de novembro
José Luis Troitiña, Manuel Baltar, Javier Casares e José María Faílde, na presentación dos encontros.
José Luis Troitiña, Manuel Baltar, Javier Casares e José María Faílde, na presentación dos encontros.

Os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) e Bernardo Atxaga (Guipúzkoa, 1951) serán os protagonistas da XXIV edición dos encontros literarios do Liceo de Ourense, que se celebrarán os días 5 e 6 de novembro ás 20:30h. no Salón Nobre do Liceo.

A primeira das conferencias, o día 5 correrá por conta de Bernardo Atxaga que abordará na súa traxectoria litearia. A segunda, o día 6, correrá por conta de Méndez Ferrín que escritor ourensán que abordará a vida do Padre Feijoo nos 250 anos do seu pasamento.

E xa o venres 7 de novembro, o Liceo de Ourense acollerá a partires das 21:30h. unha cea-concerto coa actuación estelar de María do Ceo.

O acto de presentación das xornadas tiña lugar na mañá do 3 de novembro no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, do presidente do Liceo, Javier Casares, do xerente do Liceo, José Luis Troitiña, e do director de Planificación do Campus de Ourense, José María Faílde.

Artigos relacionados

Back to top button