Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Mendez Romeu reúnese con afiliados socialistas no Bolo

O candidato ás primarias do PSdeG-PSOE participou nun acto organizado polo grupo municipal socialista do concello bolés

Como portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e tamén como candidato ás primarias do PSdeG-PSOE, José Luis Méndez Romeu asistía no mediodía do 7 de maio a un acto reivindicativo de posta en valor do entorno e patrimonio do Santuario das Ermitas, organizado polos afiliados da comarca de Valdeorras, que remataba cun xantar de confraternidade no Bolo.

No acto previo ao xantar, que tiña lugar na entrada do propio santuario, nas Ermitas, destacouse a “falta de desenvolvemento de medidas de valorización deste importantísimo conxunto patrimonial, senón o de todo o Concello, que adoece de medidas de dinamización socio-económicas”. Na súa intervención, o portavoz dos socialistas do Bolo, Juan Ferreira, destacou a aposta decidida do partido polo desenvolvemento económico e social do concello, a través de 4 piares básicos que precisan dunha intervención urxente por parte das Administracións local, provincial e autonómica: o aproveitamento forestal e da produción de castaña; a recuperación e posta en valor do balneario termal de Mondón; a apertura inmediata ao público do Castelo de O Bolo; e a posta en marcha do plan director do Santuario das Ermidas.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Raúl Fernández, manifestou o seu apoio explícito ao labor que están a realizar os compañeiros do Bolo, acudindo á convocatoria e intervindo no acto ao que asistiron numerosos cargos institucionais e orgánicos do partido socialista, como a parlamentaria Carmen Acuña. Asemade, congregáronse nas Ermitas, militantes e simpatizantes da zona que quixeron expresar o seu apoio a esta iniciativa, así coma o Presidente da FEGAMP, Alfredo García, quen se referiu á necesidade de apostar polo futuro nos Concellos do rural. Tamén acudiron: Sara Inés Vega, Alcaldesa de Castro Caldelas; Enrique Barreiro, alcalde de Vilamartín de Valdeorras; Luis Férnández, próximo alcalde da Rúa; e Miguel Bautista, alcalde de Petín e deputado provincial; e Francisco J. Fraga Civeira, tamén deputado provincial.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button