OurenseÚltima hora

Un menor ferido leve e dous adultos graves nunha colisión frontal na N-120

O alcance foi á altura no quilómetro 555, no termo municipal de Nogueira de Ramuín, onde un camión tamén perdeu a súa carga ao mesmo tempo do accidente
Os bombeiros tiveron que escarcerar aos condutores. // foto: Garda Civil.

Un menor resulta ferido leve e dous adultos graves nunha colisión entre dous vehículos na Estrada Nacional 120 (Vigo-Logroño), concretamente no punto quilométrico 555, no termo municipal de Nogueira de Ramuín.

Segundo informan fontes da Guardia Civil de Tráfico, o alcance prodúxose cara ás 16:35 horas e foi de xeito frontal entre un Audi A-4 e unha furgoneta Citroën Berlingo. Como consecuencia desta colisión e da posición final de ambos dos dous vehículos, os axentes víronse na obriga de cortaren ambos os dous carrís da estrada e regularen o tráfico, provocando así retencións de até unha hora e media.

As retencións duraron máis dunha hora e media. // Foto: Carlos Asensio.

Segundo as investigacións feitas polo instituto armado, deducen que foi o Audi A-4 o que invadiu o carril esquerdo, provocando devandito choque frontal, resultando o condutor ferido grave. Asemade, no asento do acompañante deste mesmo vehículo, sinalou o equipo de Atestados, viaxaba un menor de 11 anos co cinto de seguridade posto, resultando este ferido leve. No outro vehículo tamén resultou ferido grave o condutor.

Até o lugar desprazáronse dúas ambulancias, unha delas medicalizada, un helicóptero, un equipo do GES de Pereiro de Aguiar, un equipo de bombeiros de San Cibrao das Viñas, que tivo que escarcerar aos condutores. Tamén acudiron ao lugar un equipo de Atestados e dous guindastres para retiraren os vehículos sinistrados. Segundo puido confirmar este xornal, ambos os ocupantes dos vehículos foron trasladados ao CHUO de urxencia con prognóstico reservado.

Así é todo, o tráfico non puido ser reanudado na contorna posto que un camión que circulaba pola mesma estrada, perdeu a carga. As teorías aseguran que puido ser que se desprazase ao frearen de golpe o condutor ao atoparse coas retencións. Polo momento non se puido confirmar si devandito suceso provocou algún ferido.

Restos dos vehículos sinistrados. // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button