Galerías de fotosÚltima hora

Menos de 100 km para chegar a Santiago de Compostela

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras polo Camiño de Inverno veñen de completar a VII etapa, entre Monforte e Belesar

Coma quen non quere a cousa, o grupo de peregrinos do Bierzo e Valdeorras que están facendo o Camiño de Inverno superou a metade do percorrido ata Santiago de Compostela, do que lles quedan menos de 100 quilómetros. Así o demostra o fito no que se fotografaban durante a VII etapa entre Monforte e Belesar.

Corrían as nove da mañá do sábado 14 de xaneriro (un mes despois da anterior etapa), cando os 150 camiñantes comezaban en Monforte de Lemos os 23 quilómetros que os separaban da meta, Belesar. Unha xornada máis, os peregrinos facían quilómetros disfrutando das paisaxes (malia a néboa e o frío) por estrada e tamén fermosas paraxes e soutos de castiñeiros,  e do bo ambiente.

Nesta ocasión, o xantar (paella) tiña lugar no recinto feiral de Chantada. Antes, a comitiva co presidente da  Asociación do Camiño de Santiago de Inverno polo Bierzo, Saturno Astandoa, á cabeza, era recibida polo alcalde da localidade, Manuel Varela e os concelleiros.

A seguinte etapa, partirá dende Belesar o sábado 11 de febreiro.

Fotos: Miguel López

Artigos relacionados

Back to top button