CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Mensaxe de ánimo dende China para San Xoán de Río e a provincia de Ourense

 

 

“¡Ánimo Castiñeiro! ¡Ánimo San Xoán de Río! Apoiámosvos dende China”. Estas frases son parte da agarimosa mensaxe en forma de vídeo que veñen de recibir no municipio de Río dende este país asiático. Unha mensaxe de apoio que se fai extensible tamén á provincia de Ourense, a Galicia e a España.

Chega dende Chongqing Performing Arts Group, unha firma matriz de Elai Cultural, e unha das principais empresas culturais de China. “Eles estannos axudando e dando consellos nas formas de traballar contra o COVID-19”, destaca o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

 

 

Chongqing Performing Arts Group fundouse en 2010 e conta con ata 16 empresas que abranguen áreas de negocio como a produción de obras de teatro, grandes concertos con estrelas chinesas, festivais de arte e cultura nacionais e internacionais, conservación de reliquias históricas, produción de cine e series e ata a xestión inmobiliaria.

 

 

Ademais a través de Elai Cultural o Ministerio de Cultura de China traballa para estreitar lazos culturais entre España e este país asiático con proxectos de promoción daa cultura chinesa en España e apoiando a difusión da arte español no xigante asiático.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button