Menú degustación na Escola de Hostalaría de Rosende, como broche da Feira do Viño de Amandi

Estaba acompañado por marcas de adegas da D.O. Ribeira Sacra participantes nesta mostra vitivinícola de Sober

Como broche definitivo dos actos da XXXVIII Feira do Viño de Amandi, o Concello de Sober reunía no mediodía do 11 de abril aos medios de comunicación que estiveron cubrindo informativamente este evento no mes de marzo. Este encontro tiña como escenario a Escola de Hostalaría e Turismo Belarmino Fernández Iglesias.

Neste centro ofrecíaselles aos xornalistas, acompañados polo alcalde soberino Luis Fernández, un menú degustación formado por aperitivos (mexillón con pemento de Arnoia e mahonesa cítrica, xunto con Nigiri de tomate e anchoa), entrantes (tartar de caballa marinada, praliné de améndoas e encurtidos; Vieira, cebola e xamón; e Ovo fritido doutra maneira, calabacín e queixo San Simón), peixe (merluza e olivas), carne (codorniz en dúas coccións, pepino e iogur grego especiado), presobremesa (fresas e mango) e sobremesa (Borrachiño de café e limón).

Conxuntamente con estes pratos, servidos polo alumnado do centro, tamén se servían viños tintos de adegas amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra e participantes na XXXVIII Feira do Viño de Amandi en Sober.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies