ConcellosO BarcoÚltima hora

Mercadillo de Patrulla Felina O Barco este domingo, 16 de agosto

O obxectivo é recaudar fondos para o funcionamento da asociación

O posto de Patrulla Felina O Barco.

 

Hoxe, domingo 19 de agosto, a asociación e protectora Patrulla Felina O Barco montaba un pequeno mercadillo nas pistas deportivas de Calabagueiros (no emprazamento onde habitualmente se sitúan as atraccións das festas). No posto podíanse adquirir xoguetes para gatos, libros, bolsas de tea e camisetas da protectora, entre outros agasallos. Todos os beneficios destínanse a manter a asociación e a súa labor no coidado de gatos sen fogar.

Trátase do segundo mercado que realiza Patrulla Felina dende a situación de crise sanitaria, na que o estado de alarma prohibiu durante varios meses a realización de eventos semellantes. Dende a organización animan á xente a que “tome conciencia do problema do abandono de gatos” e agradecen calquer tipo de axuda por parte da veciñanza. O posto permanecerá aberto ata as 14:00 horas de hoxe.

 

Artigos relacionados

Back to top button