ConcellosÚltima hora

Mercadiño de Nadal do 12 ao 14 de decembro, no Barco

Reunirá a un total de 24 expositores e instalarase na praza do Concello
Un dos postos da pasada edición do Mercadiño de Nadal no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos postos da pasada edición do Mercadiño de Nadal no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende doces suxerencias culinarias ata artesanía na que se bota man de orixinais materiais. O Mercadiño de Nadal do Barco ofrecerá un ano máis un amplo abano de interesantes e orixinais propostas para buscar agasallos nestas datas previas ao Nadal.

E ademais segué medrando, xa que pasa dos 24 da pasada edición a un total de 28, segundo se adianta desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio barquease, promotora da iniciativa. Este mercadiño instalarase, como vén sendo habitual, na praza do Concello entre os días 12 e 14 de decembro. Nesta edición confíase en repetir o éxito de público de anteriores anos.

Artigos relacionados

Back to top button