SanidadeÚltima hora

Mercadiño relacionado coa maternidade no Barco

Terá lugar na tarde do 25 de febreiro na Casa da Xuventude e será promovido pola asociación De Nai a Nai
Stand da asociación De Nai a Nai, no pasado mercadiño de Nadal no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Stand da asociación De Nai a Nai, no pasado mercadiño de Nadal no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Roupa de bebé, de nenos de 0 a 4 anos, roupa premamamá, cambiadores, mantiñas, fulares de porteo, esterilizadores… Serán algúns dos artigos que poderán atoparse a bo prezo no “Mercadiño de Nai a Nai” que se organizará o vindeiro 25 de febreiro no Barco. Terá lugar na Casa da Xuventude (rúa Academia Dequidt, número 6, segundo andar) da vila cun horario de 17h. a 20h.

Ademais de atopar artigos novos e seminovos moi asequibles, as persoas que visiten este mercadiño poderán coñecer produtos de cosmética natural como xabóns, bálsamos labiais, etc. Esta singular mostra será promovida polo Grupo de Apoio á Lactancia e Crianza con apego De Nai a Nai. O seu obxectivo é recaudar fondos para as actividades desta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button