ConcellosÚltima hora

Mercado de artesanía e produtos locais en Vilar de Santos

Cartel da programación do mercado de artesanía.
Cartel da programación do mercado de artesanía.

O vindeiro domingo día 12, os veciños do Concello de Vilar de Santos coa acollida dun mercado de artesanía e produtos locais que arrincará arredor do mediodía coa apertura dos postos. Máis tarde, a música pasará a amenizar a xornada, cun concerto a cargo da Banda de Música de Trasmiras.

Xa de tarde, ás 15h está previsto que continúe a música cunha foliada, que posteriormente deixará paso a actividades para os máis cativos. Deste xeito ás 17h haberá unha gincana para nenos con Ludo3. Ás 18h Satchitananda impartirá unha clase de ioga e, finalmente, a xornada festiva rematará cun concerto de Habelas Hainas ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button