ConcellosÚltima hora

Mercado de oportunidades na Rúa, o 5 de xullo

A campaña de Aeva “O comercio sae á rúa” celebrarase en Doutor Vila
Acto de presentación de "O comercio sae á rúa"./ Foto: Mónica G. Bellver
Acto de presentación de “O comercio sae á rúa”./ Foto: Mónica G. Bellver

O vindeiro sábado 5 de xullo, a rúa Doutor Vila da Rúa acollerá a primeira edición do mercado de oportunidades “O comercio sae á rúa” organizado por Aeva en colaboración co Concello rues.

A actividade era presentada na tarde do 2 de xullo polo alcalde da Rúa Avelino García Ferradal e a xerente da asociación de empresarios de Valdeorras Luisa López Cruz, quenes explicaron que a idea é ofrecer oportunidades nos establecementos, aproveitando o inicio da tempada de rebaixas de verán que comezaba o 1 de xullo “tentar novas fórmulas para a promoción do comercio e para incrementar as vendas e que os veciños coñezan as ofertas da Rúa”.

No mercado, no que participarán dez comercios, haberá moita variedade dende téxtil ou mercerías ata zapaterías, artigos deportivos, artesanía e perfumería, “sempre coa calidade dos produtos pero a prezos máis rabaixados” puntualiza a xerente de Aeva.

O horario da mostra será de 11 a 15 e de 17 a 22h. e para animar o espazo comercial, en colaboración co Concello, haberá actividades para tódolos públicos: hinchables para os nenos de 12 a 13:30h. e de 18:30 a 20h. e a partires das 13h. a actuación de Abertal. Pola tarde, ás 20:30h. haberá unha festa da escuma na praza da estación de autobuses.

E ao longo de toda a xornada haberá música ambiental a través dunha discoteca móbil na que colabora un establecemento hostaleiro da rúa Doutor Vila. Asemade os locais desa rúa ofrecerán caña e pincho por 1 euro e prezos especiais en menú. Tamén haberá polbo á feira. Desta forma “implícase non só ao sector comercial senón tamén ao de hostalaría e restauración” asegura o alcade da Rúa.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button