OurenseÚltima hora

Mercar no comercio local ourensán ten premio

A Federación de Comercio de Ourense pon en marcha a segunda edición da campaña de promoción
Presentación da campaña "En Ourense, merca e reláxate".
Presentación da campaña “En Ourense, merca e reláxate”.

A segunda edición da campaña de promoción do comercio local “En Ourense, merca e reláxate” repartirá premios por un valor superior a 3.000 euros e estará vixente entre o 9 de outubro e o 9 de novembro. Mediante un sistema de tarxetas tipo rasca os clientes dos establecementos asociados participantes poderán optar a premios como 14 estancias para dúas persoas en balnearios do Grupo Caldaria, ou 350 circuítos termais nas Termas de Outariz Ourense Spa, 50 deles con con baño de chocolate incluído.

Os establecementos asociados que participan nesta campaña teñen á disposición do público as bases deste sorteo e a liberdade para decidir a cantidade a partir da cal darán unha tarxeta tipo rasca de participación. Poden participar tódalas persoas maiores de 18 anos que realicen compras ou soliciten un servizo, no comercio local ourensán, entre o 9 de outubro e o 9 de novembro. Cada tarxeta de participación leva unha zona cuberta con tinta cor prata serigrafiada que ó ser rascada deixa ver o texto que indica o premio gañado ou o agradecemento pola participación. A imprenta que realizou as tarxetas incorporou aleatoriamente o total de premios establecidos para esta campaña de promoción entre o total de tarxetas de participación. Os clientes que reciban unha destas tarxetas poderán comprobar inmediatamente se teñen premio, simplemente rascando a cobertura que oculta a parte da cartilla destinada a tal fin.

Os premios non son obxecto de compensación en metálico e poderanse utilizar ata 31 de decembro deste ano.

Máis información na Federación de Comercio de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button