CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Mercedes Peón presenta o seu novo disco “Deixaas” en Viana

O concerto, incluído na programación das Letras Galegas deste concello, terá lugar este sábado 18 de maio a partires das 20h. na Casa da Cultura
Mercedes Peón nun concerto.

Sobre o escenario da Casa da Cultura de Viana presentará o seu novo traballo, titulado “Deixaas”, Mercedes Peón na tarde deste sábado 18 de maio, a partires das 20h. Nel vai máis aló e expande o seu universo sonoro e a súa visión poética.

Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. A variedade das súas composicións que funden as súas raíces nos ritmos máis ancentrais culminan en temas eclécticos e asombrosamente vibrantes.

Este concerto forma parte da programación deseñada polo Concello de Viana do Bolo para celebrar as Letras Galegas. Nel Mercedes Peón estará acompañada por Monica de Nut e Ana Fernández.

 

Artigos relacionados

Back to top button