CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

‘Merchandising’ solidario a favor dos afectados polo incendio de Valdeorras, no festival ‘GOOM Urban Edition’

O 100% do recadado irán destinados a causas benéficas en relación coa causa

 

Dende GOOM, promotora de eventos de nova creación que organiza para este mes de agosto “o maior festival urbano da provincia”, amosan o seu apoio aos afectados polo incendio que arrasou a comarca de Valdeorras así como aos grupos de extinción que fixeron esforzos sobrehumanos para salvar a zona das chamas; e de forma especial queren “agradecer a todos os veciños das localidades afectadas que non dubidaron en protexer os seus fogares sen importar as consecuencias”.

Para iso veñen de crear a marca “O pobo que salvou ao pobo” para o ‘merchandising’ oficial do GOOM Urban Edition que se celebrará o 15 de agosto nos exteriores do Paladium (Vilamartín de Valdeorras). “O 100% dos fondos recadados coa venda do ‘merchandising’ do festival urbano irá destinado a causas benéficas en relación coa causa”, din dende GOOM, especificando que o 50% será para axudas directas para os afectados a través de Cruz Vermella; e o outro 50% para a protectora Peludines Callejeros de Valdeorras “que están pasando uns días moi complicados coa aparición de novos animais tralos incendios”, aseguran.

As camisetas estarán á venda no propio festival a un prezo de 15 euros.

Artigos relacionados

Back to top button