Galerías de fotosÚltima hora

Merenda con castañas no magosto das Amas de Casa do Barco

A asociación O Teixadal tamén celebrou o San Martiño na tarde-noite do 11 de novembro

Mentres na praza Otero Pedrayo de Viloira, a xente bailaba ao son da orquestra La Oca, como broche ao magosto organizado polos veciños en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, noutro punto do pobo, O Chao, as Amas de Casa comezaban no local social a súa particular celebración do San Martiño.

En torno ás oito e media do mércores 11 de novembro, moitos dos membros da Asociación de Amas de Casa O Teixadal, comezaban a tradicional merenda-cea en torno ao magosto, cun menú no que non faltaba o chourizo con pan, os doces e por suposto as castañas asadas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button