Será o 18 de xuño diante deste centro escolar, situado na rúa O Pendón da vila
A Asociación de nais e pais do CEIP Manzaneda convoca unha “merenda protesta” diante deste centro escolar como medida contra o peche da cociña do colexio.
Esta merenda terá lugar o mércores 18 de xuño as 17:00h. e a convocatoria será apoiada polo Concello de Manzaneda, as ANPAS da zona, asociacións diversas, veciños, etc.