EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

As Merendas con Contos de Sober, nunha adega

Da biblioteca ao interior das instalacións dunha adega. As Merendas con Contos de Sober mudaban de espazo na tarde do 11 de marzo. Nenos e maiores participaban nunha sesión diferente na que se visitaban as instalacións de Regina Viarum. Nela coñecían de primeira man cada un dos pasos do proceso de elaboración do viño.

Esta actividade enmárcase nas actividades do “Mes do Amandi”, que proseguirán con propostas como as xornadas técnicas “Alternativas ao viño tradicional. Novo productos”, que se celebrarán no Centro Sociocultural da localidade no marco da Feira do Viño de Amandi o vindeiro 17 de marzo.

Fotos: Concello de Sober

 

 

Artigos relacionados

Back to top button