EconomíaEconomíaÚltima hora

A mesa da castaña, máis preto de ser unha realidade

Na regulación deste órgano avanzábase na reunión celebrada polo Consello Forestal de Galicia
Imaxe da xuntanza do Consello Forestal de Galicia.

Galicia é a principal comunidade autónoma de España en cultivo e exportación de castaña, cunha produción que na última campaña superou os 20 millóns de quilos e un valor económico xerado de arredor de 70 millóns de euros. Así o destacaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na reunión que mantiña o 17 de febreiro o Consello Forestal de Galicia.

No seu decurso avanzábase na regulación das mesas da castaña e da madeira, órganos de coordinación e colaboración entre a Xunta e o sector destinados a impulsar un desenvolvemento sustentable destes aproveitamentos do monte, a través do seu fomento, regulación e promoción. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, resaltaba a importancia de ambas mesas para poñer en valor dúas das producións máis senlleiras do bosque galego.

Sobre a mesa da castaña, a titular de Medio Rural indicía en que ademais do valor económico deste sector, “o froito do castiñeiro ten na nosa comunidade un destacado valor social, ecolóxico e cultural, que tamén serán obxecto de atención nesta mesa”.

Con relación á madeira, Ángeles Vázquez, apuntaba a existencia dunhas 3.000 empresas en Galicia dedicadas a esta actividade, cunha facturación global que rolda os 1.750 millóns de euros e un volume de emprego, directo e indirecto, que se sitúa en aproximadamente 70.000 postos de traballo.

Artigos relacionados

Back to top button