ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Mesa redonda para afrontar o regreso ás aulas en San Xoán de Río

A actividade será o venres 4 de setembro, ás 17:00h, na Casiña Azul

O Concello de San Xoán de Río programa unha actividade de parentalidade positiva para o vindeiro venres, 4 de setembro. Trátase dunha “mesa redonda” que servirá para afrontar o regreso ás aulas dos nenos no marco do curso escolar 2020-2021. Durante este coloquio trataranse temas como a incerteza que poden sufrir nenos e pais nunha “volta ao cole” tan particular. A actividade será de 17:00h a 18:00h, na Casiña Azul e, para cumprir coas medidas de seguridade derivadas da pandemia do coronavirus, o aforo estará limitado.

 

Cartel da actividade. / Foto: Facebook Concello San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button