EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As mesas das eleccións para renovar o CRDO Valdeorras estarán nas oficinais agrarias do Barco e da Rúa

A decisión tomábase na sesión que o pleno deste consello regulador celebraba na mañá do 5 de xuño
Pleno celebrado na mañá do 5 de xuño no CRDO Valdeorras.

Comezan a concretarse os detalles de cara a celebrar as eleccións do 9 de xullo, nas que se renovará os cargos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Na sesión plenaria que este organismo celebraba na mañá do 5 de xuño acordábase o emprazamento das dúas mesas electorais que se habilitarán na xornada de votacións. Unha delas situarase na Oficina Agraria Comarcal da Rúa (Velázquez, 2) e a segunda, na Oficina Agraria Comarcal do Barco (Casa Grande de Viloira).

Na mesa situada na Rúa de Valdeorras poderán depositar o seu voto electores dos censos A, B1 e B2 procedentes dos municipios de Petín, Larouco, O Bolo e A Rúa. Mentres, na mesa instalada no Barco farán o propio os electores dos censos A, B1 e B2 procedentes dos municipios de Vilamartín, Rubiá, Carballeda e O Barco. Nesta segunda mesa poderán votar, tamén, os electores non residentes en ningún dos municipios do territorio amparado. En total, votarán nestas eleccións unhas mil persoas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close