DeportesKárateÚltima hora

Mestre e alumnos do KC River Stone (O Barco) triunfan na II Copa de España de Estilos de Karate

Nicolás, Leyre, Eric, Hugo e Eiden subían ao podio en Shotocan

 

Tampouco en Semana Santa descansan os membros do KC River Stone do Barco que seguen sumando medallas ao seu palmarés. Desta volta facíano en en Torrelavega (Cantabria) ata onde se desprazaba unha representación do club valdeorrés para participar na II Copa de España de Estilos de Karate que se está desenvolvendo dende o xove 14 ata o domingo 17 de abril.

 

Campioa a subcampión. Alumna (Leyre) e mestre (Nicolás).

 

Ao estilo Shotokan, o que practican no River Stone, tocáballe o turno onte venres 15 de abril e os karatekas valdeorreses facían varios podios. Eric Rodríguez Carballo e Leyre Paradelo Ambrinos dominaban a kata na categoría benxamín, proclamándose campións masculino e feminino respectivamente, coas súas medallas de ouro. O club lograba tamén dous bronces: Eiden Barreda Fernández en kata alevín masculino (Raúl Pérez Panizo non lograba facer podio); e Hugo Álvarez Pérez en kata xuvenil masculino.

 

Nicolás Rodrtíguez no podio.

 

O último en competir na xornada de onte era o propio mestre do River Stone, Nicolás Rodríguez, que lograba a prata en kata vete2 masculino 50-59.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button