OurenseÚltima hora

A metade dos parques naturais de Galicia están na provincia

Con motivo do Día Europeo dos Parques Naturais, a rúa do Paseo ten un posto informativo sobre a Rede de Parques Naturais de Galicia. Dous, dos tres parques, atópanse en Trives e Valdeorras
No posto do Paseo informan sobre as diferentes rutas de sendeirismo dos parques naturais de Galicia // Foto: Carlos Asensio.

Con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, a rúa do Paseo de Ourense acolle un posto informativo onde os viandantes poden recoller toda a información necesaria sobre os diferentes parques naturais de Galicia. A Rede de Parques Naturais de Galicia está composto por un total de seis contornas naturais dos cales, a metade, están situados na provincia de Ourense. En concreto, son os de O Invernadeiro, situado na porción centro-oriental da provincia (dentro da comarca de Viana e linda coas terras de Trives e Verín); o da serra da Ecniña da Lastra, no noroeste da provincia ( na comarca de Valdeorras e lindando coa provincia de León) e, por último, o da Baixa Limia- Serra do Xurés, que fai fronteira con Portugal.

Durante toda a xornada, neste posto informativo no Paseo, os interesados poden adquirir planos de rutas e roteiros de sendeirismo. Tamén, a parte dese material divulgativo, celebrarán relatorios e proxectaranse vídeos coa fin de promover devanditas rutas de sendeirismo deses parques e dar a coñecer o seu patrimonio natural.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, os Subdelegados do Goberno e de Defensa, Roberto Castro e Gustavo Doncel, e o Comisario de Ourense, Antonio Álvarez, entre outras personalidades, acudiron ao acto de presentación deste posto informativo.

A mesa informativa foi foi inaugurada por diferentes autoridades locais.

Na súa intervención, a delegada da Xunta destacou a importancia da sensibilización da cidadanía sobre a conservación do patrimonio natural de Galicia, como espazos apropiados para o seguimento e adaptación dos posibles efectos do cambio climático.

A Xunta está dentro da Federación Europarc, na que están representadas as institucións implicadas na planificación e xestión dos espazos protexidos, que este ano, con motivo desta efeméride, quere salientar o papel dos parques naturais na loita contra o cambio climático. Baixo o lema deste ano, “Cambia o parque, cambia o clima”, o departamento, dirixido por Beatriz Mato, desenvolve diversas actividades co fin de promover o descubrimento destes espazos como preservadores dos nosos recursos naturais, núcleos de biodiversidade e sistemas de soporte vital.

Un grupo de escolares miran un vídeo informativo no interior dun tronco de atrezzo // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button