SanidadeÚltima hora

Métodos para desinfectar as mascarillas reutilizables, segundo o Ministerio de Sanidade

O uso da mascarilla é obrigatorio dende este xoves 21 de maio, se non pode manterse unha distancia de 2 m

Mascarillas hixiénicas reutilizables brancas.

 

O uso da mascarilla para minimizar a propagación do coronavirus, foi durante os máis de dous meses que dura xa a pandemia, tema de debate entre a poboación ante as informacións contradictorias que ían xurdindo. Un debate que quedaba zanxado coa publicación no BOE da Orde SND/422/2020, de 19 de maio, do Ministerio de Sanidade, cuxo artigo 3 establece que dende este xoves 21 de maio o uso da mascarilla é obrigatorio na “vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se encontre aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de alomenos dous metros”.

 

Macarillas hixiénicas reutilizables de cores.

 

Neste sentido, agora máis que nunca é importante ter en conta cal é a vida útil de cada tipo de mascarilla (cirúrxica, hixiénica, FFP1, FFP2,… dun só uso e reutilizables). No caso das reutilizables o Ministerio de Sanidade conta cunha guía para a súa limpeza e desinfección na que se explica, paso a paso, o proceso a seguir para garantir a eficacia deste sistema de protección, sempre e cando non se poida manter a distancia interpersonal de dous metros que recomenda o departamento dirixido por Salvador Illa.

No documento, Sanidade recomenda tres métodos. O primeiro, lavar e desinfectar este tipo de protección de barreira con deterxente normal e auga a temperatura entre 60 e 90 graos. Tamén se pode sumerxir as mascarillas nunha dilución de lixivia con auga morna 1:50 (20 ml de lixivia por 1 litro de auga) durante 30 minutos e lavar posteriormente con auga e xabón, aclarando ben.

 

 

Finalmente, o ministerio sinala que “debido ás circunstancias especiais de crise sanitaria e á urxencia de dispoñer de produtos desinfectantes con actividade virucida para a desinfección de mascarillas hixiénicas reutilizables”, poderase usar calquera dos produtos autorizados para uso ambiental e que se encontran rexistrados para uso xeral, sempre seguindo as recomendacións do fabricante.

Limpeza e desinfección de mascarillas hixiénicas reutilizables

Artigos relacionados

Back to top button