PolíticaÚltima hora

México achégase á cultura política española en Ourense

Un grupo de mozos das Nuevas  Juventudes do Partido Acción Nacional visita a cidade no marco dun curso de formación política e participa na pegada de carteis do PP
Un grupo de mozos das Nuevas Juventudes do Partido Nacional Mexicano participou onte na pegada de carteis do PP en Ourense. // Foto: Carlos G. Hervella
Un grupo de mozos das Nuevas Juventudes do Partido Nacional Mexicano participou onte na pegada de carteis do PP en Ourense. // Foto: Carlos G. Hervella

Na medianoite do 8 de setembro, co pistoletazo de saída da campaña electoral, as inmediacións do céntrico parque ourensán de San Lázaro, abarrotábanse de siareiros das diferentes forzas políticas. Entre a multitude, un grupo de 30 mozos mexicanos participaba tamén na pegada de carteis do Partido Popular. Son rapaces pertencentes ás Nuevas Juventudes do Partido Acción Nacional (PAN) de México que se encontran en España participando nun curso de formación política no Instituto Internacional de Marketing e Comunicación.

Onte visitaban a cidade para afondar na cultura política local e coñecer como é aquí o inicio dunha campaña electoral, algo que de entrada lles chamou a atención. “Pareceulles moi simbólico”, explicaba Nerea Marra, coordinadora académica do grupo. Ela mesma lembraba que no país mexicano este tipo de actos soen rexistrar máis tensión e ir acompañados de prácticas pouco respectuosas.

Os mozos integráronse entre os membros da formación popular e non dubidaron en fotografarse cos candidatos. Durante as próximas xornadas estarán en Laias participando nunha simulación de campaña electoral. Voltarán á cidade o vindeiro luns para coñecer de preto ao presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar.

Texto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button