En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Mezquita celebra a súa antiga Festa de Reis

Entre cantos, recollida de aguinaldos e multitude de xantares e ceas os homes da Mezquita celebran nestes días de comezo de ano a súa antiga Festa de Reis. Na xornada do 5 de xaneiro tiña lugar o día dos invitados, cun xantar moi especial no que os veciños podían convidar a xente de fóra desta localidade.

Tras un percorrido polos bares do pobo, os comensais xuntábase na Casa dos Reis, na que se servía o xantar, presidido polas autoridades da festa, o Rei e o Virrei. O menú incluía deliciosos pratos como callos, chuleta ou cabrito, entre outros. Tampouco faltaba a música, desta volta da man do grupo vianés “Tómalle Outra”. Esta celebración continuará durante a fin de semana con novos banquetes e actos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button