ConcellosÚltima hora

Un microrrelato con referencias aos Trintas ou á Ponte Bibei gana o concurso de Trives

O xurado do I Certame trivés de Microrrelatos reuníase na tarde do 9 de novembro e escollía a obra “Memorias”, escrita por Raquel Pérez Diéguez
Imaxe antiga do cuarteto de Os Trintas de Trives.

“Un Magosto Literario”. Este é o nome do I Concurso de Microrrelatos que convoca o Concello de Trives. O seu xurado reuníase na tarde do 9 de novembro para escoller, entre os nove traballos presentados, a obra ganadora desta edición. Trátase dun texto titulado “Memorias”, escrito por Raquel Pérez Diéguez. Nel percorre a memoria da vila trivesa dende a súa vivencia e apoiándose en diferentes referencias sensoriais como o tacto do coiro, a imaxe branca da neve cubrindo as montañas, o son da música, o ritmo do Entroido ou o sabor da bica.

É un pequeno conto que, como apuntaba algún membro do xurado, “sabe a Trives” O premio será entregado na tarde do sábado día 11, no Magosto do concello, que terá lugar no Patio Santa Leonor ás 18:30h. O xurado desta edición estivo formado por Carmen, profesora de Língua Galega do IES Xermán Ancochea; Serxio, coordinador de equipo da Dinamización de Língua Galega no CEIP Manuel Bermúdez Couso; Isabel, Concelleira de Cultura no Concello da Pobra de Trives. Segundo as bases do certame, este relato curto debía conter as palabras bica, castaña e Trives e non sobreparasar as 300 palabras sen contar o título e as palabras clave.

 

Microrrelato ganador.

Artigos relacionados

Back to top button