CulturaCulturaOurenseSen categorizar

Microteatro na Casa da Xuventude de Ourense

Cinco grupos de teatro actuarán hoxe, 9 de xullo, no Espazo Xove a partires das 20:30h.
Cartaz desta actividade na Casa da Xuventude de Ourense.
Cartaz desta actividade na Casa da Xuventude de Ourense.

Os grupos de teatro Abran Paso, Chéspir, Delatoute, Marañao e Olobú, que teñen os seus ensaios teatarais no Espazo Xove da Casa da Xuventude de Ourense, presentan hoxe mércores 9 de xullo un proxecto de microteatro titulado “Súbete ao meu micro”.

O microteatro é unha nova tendencia teatral, onde se representan pequenas pezas para un público reducido. A proximidade entre público e artistas crea un ambiente teatral espacial que fai que se integren dentro da obra. Así pois nas distintas salas do Espazo Xove, os grupos de teatro crearán cinco obras duns 10 minutos que representarán para o público en xeral que poderá pasar por tódolos espazos.

As representacións comezarán ás 20:30h. en cinco zonas divididas por cores. No espazo expositivo exterior (malva) reunirase o público dende onde serán conducidos-guiados por un actor-presentador ás distintas salas: no salón de actos (cor branco roto) Delatoute representará “O súper avó”; no vestíbulo do 2º andar (cor amarelo), Marañón representará “A reflexión”; na sala de video do 3º andar (cor gris) Olobú porá en escea “Fragmentos de homes en escabeche”; na biblioteca do 4º andar Abran Paso, interpretará “Un novo compañeiro”; rematando a oferta no 5º andar (cor verde) onde Chéspir representará “Odio a mis hijos” e “Adivina adivinanza”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button