SanidadeÚltima hora

Miguel Abad Vila, novo xerente executivo da área sanitaria de Verín

O concelleiro de Sanidade, presentábao na mañá do 3 de abril no centro hospitalario verinés

Licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor en Medicina cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela Miguel Abad Vila conta con cadanseus másters en Xestión Sanitaria, pola Universidade de Vigo, e de Dereito Sanitario, pola Universidade de Castela-La Mancha. Foi ademais delegado da Consellería de Sanidade na provincia de Ourense.

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentábao como novo xerente executivo da área sanitaria de Verín, nun acto celebrado na mañá do 3 de abril, no que estivo acompañado polo xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, diversos cargos do Sergas e alcaldes da provincia de Ourense e pola subdirectora de Enfermería do centro, Mª Luisa Rodríguez, que continúa no cargo.

Posteriormente, o conselleiro desprazouse ata o Hospital de Monforte de Lemos, onde presentou aos traballadores a Iván Sanz Falque como novo xerente executivo.

Estes nomeamentos enmárcanse no proceso de renovación que o Sergas está a levar a cabo nalgunhas das súas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs) co fin de “adaptalas aos novos retos que a sanidade pública galega ten por diante nos próximos anos”, aseguran dende a Consellería de Sanidade.

 

Acto de presentación do novo xerente executivo da área sanitaria de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button