CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Miguel Arias actúa este venres no Luar

É a segunda actuación do cantante valdeorrés representando a Ourense Oriental no programa “Recantos”

Este venres 9 de decembro, as comarcas de Valdeorras, Trives e Viana serán de novo protagonistas no programa Luar da TVG, da man do cantante Miguel Arias (Arcos, Vilamartín), representante de Ourense Oriental no concurso musical “Recantos”.

A súa actuación (a segunda no concurso) comezará xa de madrugada e da votación do público depende en gran medida a permanencia do valdeorrés no concurso de cara á seguinte fase. “Cun apoio de máis do 70% das chamadas telefónicas quero manterme aí e poder seguir amosando unha terra que me viu crecer tanto persoal como artisticamente”, di Miguel. Por iso solicita o apoio da xente, convidándoa a que chame ao número que aparecerá na pantalla da televisión despois da súa actuación (admítense ata cinco chamadas, gratuítas, por número de teléfono).

Pero antes de que Miguel suba ao escenario para seguir dando o mellor de si, proxectarase o video de presentación que con tanto cariño rodaron na súa terra e no que aparecen lugares como o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Santa María (Petín), Arcos (Vilamartín), o Teatro Lauro Olmo xunto a membros de ASFAVAL e a Sala Baranda (O Barco), entre outros. As imaxes que aparecen na galería pertenecen a ese video promocional.

Artigos relacionados

Back to top button