CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Miguel Arias (Arcos, Vilamartín de Valdeorras) únese á comunidade virtual “Artistas da Casa”

Participa na iniciativa promovida polo Concello da Rúa, coa súa propia versión do tema "Resistiré"

Miguel Arias manda unha mensaxe de ánimo e forza dende a súa casa en Arcos. Foto cedida.

 

Miguel Arias deuse a coñecer musicalmente a través de YouTube, con vídeos gravados na súa terra nos que versiona temas moi coñecidos do panorama internacional como Angels de Robbie Williams, Love Son de Adele ou Come What Mey da Banda Sonora de Moulin Rouge. E hoxe en plena crise sanitaria e social provocada polo coronavirus, volve facer unha versión, pero desta volta cun significado moi especial.

O vocalista valdeorrés natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), vén de sumarse á iniciativa #ARTISTASDACASA promovido polo Concello da Rúa, coa súa propia interpretación do tema do Dúo Dinámico (1988) Resistiré. “Sempre me sentín moi querido e arroupado artisticamente pola comarca, na que hai xente con moitísimo talento, e por iso me uno a este proxecto. E fágoo cunha versión que gravei na miña casa, de feito é a primeira vez que me gravo a min mesmo”, explica Miguel, asegurando que pensou moito o feito de versionar unha canción que está interpretando todo o mundo estes días pero “dinme conta de que malia os anos que ten segue igual de vixente que o primeiro día, é un tema que está no ADN da sociedade española”, asegura.

 

 

Entre as primeiras versións e esta última, pasaron xa dez anos. Unha década na que Miguel Arias creceu como persoa e como intérprete, cunha importante traxectoria na que teñen cabida os eventos solidarios (cantou a favor da AECC en numerosas ocasións, para protectoras, para eventos deportivos,…), demostrando que sempre está disposto a colaborar co realmente importante. Tamén participou no programa “Recantos” da TVG representando a Ourense Oriental, e estivo un tempo en EE.UU. de onde regresou cargado de ideas e proxectos. Un dos máis importantes, o seu primeiro disco, vía a luz a finais de 2018. Contra viento y marea é unha autoprodución formada por oito cancións de temática moi variada, dende o amor ata a crítica social e mesmo Valdeorras. Con temas como About you, Eras túMorriña de tiÉrase una vez ou Lágrimas cristalinas, Miguel embárcase na aventura co pianista Álvaro Mazanas con quen regresaba este ano aos escenarios despois dun ano afastado por cuestións laborais, aínda que o estado de alarma, manteno de momento na casa.

E algo hai durante o confinamento é tempo. Un tempo que Miguel está aproveitando para, entre outras cousas, gravar novas versións. Despois de Resistiré, presentaba nas súas redes sociais La llamada (Leiva, 2017) nominando para que participen na iniciativa da Rúa, a Sr. Jingles e a Jorge Álvarez de Los Íñigos.

 

Artigos relacionados

Back to top button