CulturaCulturaEspecial Cristo 2016Galerías de fotosMúsicaÚltima hora

Miguel Arias conquista ao público barquense

O cantante natural de Arcos daba un multitudinario concerto no Teatro Lauro Olmo no marco das Festas do Cristo

O 30 de setembro Miguel Arias subirase ao escenario do plató do programa Luar da TVG para participar na primeira fase do concurso musical “Recantos” como o flamante representante de Ourense Oriental. Ese día darao todo para pasar á seguinte fase e “poder seguir amosando todo o que temos que amosar desta terra”, di o propio cantante natural de Arcos que grabará o video promocional en diferentes localizacións, a primeira o colexio no que estudou, o Divina Pastora do Barco, tamén en Arcos (Vilamartín de Valdeorras). Para votar por el hai que chamar ao número que aparecerá na pantalla da TV durante a súa actuación (gratuíto, ata 5 chamadas por liña).

E só tres semanas antes do evento en televisión, volvía a dalo todo subido a outro escenario, desta volta en casa, Valdeorras, durante o concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, no marco das Festas do Cristo 2016.

Nunha sala ateigada de público (familiares, amigos, veciños,…) Miguel Arias ofreceu, acompañado ao piano por Jesús Garcimartín, “un concerto pensado, sentido e interpretado ao nodo xeito”. Polo menos así presentaba “A mi manera” a versión española de “My way” que formou parte dun completo e fermoso repertorio de canción melódica en acústico, no que non faltaron temas de Nino Bravo, de Alejandro Sanz (“Mi marciana”), de El Canto del loco (“Por ti”, que adicou á súa familia especialmente ás “miñas nais”), de Pablo Alborán (“Recuérdame”),… Sen esquecer temas clásicos como “Hoy tengo ganas de ti”, “Sin ti” ou “Lela” que subía a YouTube o Día das Letras Galegas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button