CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Miguel Arias e Álvaro Manzanas namoran ao público no Teatro Lauro Olmo do Barco

Numeroso público asistía á presentación do primeiro disco do intérprete valdeorrés Contra viento y marea

Prometía un espectáculo especial e cercano, no que involucrar ao público, divertido e diferente. E non defraudou. Na tarde-noite do 5 de decembro, Miguel Arias subíase de novo ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco, para presentar o seu primeiro traballo de estudo, Contra viento y marea, un disco persoal con temas propios nos que puxo a súa alma e todos os seus sentidos.

Acompañado ao piano por Álvaro Manzanas, director musical do disco, o intérprete natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) comezaba o concerto cunha reflexión co son do mar de fondo, adicada ao público e a toda esa xente que o acompañou e creu nel durante todos estes anos, dende que comezou no mundo da música versionando coñecidos temas ata hoxe, “porque, cando o vento ía de fronte, ti tamén, e os teus compartían a mesma dirección”,…

A partires de aí, un a un foi dando a coñecer os oito temas que compoñen o LP, á venda dende mediados de novembro. Temas que falan de amor, de racismo, de igualdade, de Valdeorras… Temas propios en inglés como About you e mesmo en galego como Morriña de ti,que ían intercalando coas versións ás que non renuncia.Temas como Hijo de la luna de Mecano, Siete vidas de Antonio Flores ou Miña terra galega de Siniestro Total… Álvaro tamén tivo o seu momento interpretando Brave o tema instrumental incluído no disco.

Íntimo e persoal pero tamén divertido e interactivo, no concerto, coidado ata o mínimo detalle, non faltou o baile coa colaboración das bailarinas da academia Bayadère que acompañaron aos músicos nos temas máis tranquilos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button