CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Miguel Arias estará no I aniversario da Patrulla Felina do Barco

A gala, que inclúe música e maxia, celebrarase o 7 de abril ás 21h. na Sala Baranda
Miguel Arias nun concerto no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Patrulla Felina do Barco cumpre un ano e para celebralo, organizou unha gala que se celebrará na Sala Baranda cun cartel de luxo. Haberá moita música en directo e maxia, contando coas actuacións de Aneu, Emma, El Mago Deimi, Miguel Arias, Roma Doval e The Black Wings. Tamén haberá comida vegana para os asistentes.

As entradas xa están á venda e pódense adquirir anticipadas por un donativo de 5 euros en Ton y Son e en Bichos, ou o día da gala na propia sala. Tamén se pode colaborar cun saco de area o penso.

A cita será o 7 de abril ás 21h. e xa de antemán, a organización agradece a colaboración “a todas as persoas, incluídas as que anonimamente tamén o fan posible” e pide “que xuntos sigamos sumando, xa que podemos hacer entre todos un mundo mellor para os peludines e gatos”.

 

Cartel da gala.

Artigos relacionados

Back to top button