EntrevistasÚltima hora

Miguel Bautista: “Estar no Senado é un salto importante”

O anterior alcalde de Petín toma posesión como senador do partido socialista por Ourense

Miguel Bautista. / Foto: cedida.

 

Miguel Bautista será o novo senador do partido socialista pola provincia de Ourense. Bautista, que estivo ao frente do concello valdeorrés de Petín durante 20 anos, dá o salto á política nacional tras a renuncia de Juan Carlos Francisco, que deixa o asento na Cámara Alta tras resultar electo nas pasadas eleccións autonómicas. O novo senador acudirá ao seu primeiro pleno o vindeiro 8 de setembro cando o Senado retome a actividade. Tomou posesión do cargo o pasado martes, 28 de xullo, mediante acta notarial, un mecanismo que o exime do habitual trámite penario.

Bautista ostenta actualmente o cargo de Secretario de Emigración do PSdG e, ademais de rexedor de Petín, foi deputado provincial de 2011 a 2015 e vogal da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) como presidente da Comisión da Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías. Considérase a si mesmo como unha persoa “á que lle gusta traballar” e móstrase ilusionado co seu novo cargo. “Vou tentar dalo todo e continuar colaborando a impulsar proxectos”, afirma o novo senador.

– Vostede ten un gran percorrido no partido socialista como alcalde de Petín, durante 20 anos. ¿Cómo está a vivir este salto á política nacional?

É un salto importante así que con moita ilusión pero ao mesmo con respeto. Non é o mesmo ser alcalde dun Concello pequeno, como é o de Petín, que ser senador a nivel nacional.

– A actividade do Senado non se retomará ata principios de setembro polo que ata ese mes non poderá acudir a ningunha sesión. Non obstante, ¿cales serán os seus primeiros pasos como novo senador?

De aquí ao 8 de setembro, quero reunirme con todos os alcaldes socialistas da provincia de Ourense para ver qué inquedanzas e proxectos teñen que eu poida comunicar e axilizar en Madrid. Hoxe estiven co alcalde de O Carballiño e mañá vou a estar en Parada de Sil.

 

Miguel Bautista. / Foto: cedida.

 

– ¿Por que cree que hai xente que percibe o Senado como unha cámara inútil?

É unha pregunta que prefiro contestar dentro de un ano. Teño a teoría pero fáltame a práctica. Si que hai xente que aboga pola eliminación do Senado pero eu creo que é importante que os proxectos pasen pola Cámara Alta.

– Na súa opinión, ¿como deberían ser os pactos políticos nestes tempos de crise sanitaria? ¿Debería o partido socialista continuar cos “socios de investidura” ou tentar de ampliar esa maioría?

Está demostrado que a dereita e a estrema dereita non queren pactos. Non apoiaron o estado de alarma. Nós somos un partido de esquerdas e sentímonos máis cómodos con xente dunha postura política similar. É o único que queda.

 

Artigos relacionados

Back to top button