CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Miguel Ortiz, do CEIP Julio Gurriarán, gaña concurso “Dibuja un sello de tu localidad”

O debuxo gañador será impreso nunha tirada limitada de Selos de Correos que a Federación Española de Sociedades Filatélicas entregará ao centro barquense
Miguel Ortiz co debuxo gañador do concurso de selos.

Despois de varios anos intentándoo, resultando difícil dada a elevada demanda, este ano por fin o CEIP Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras conseguía participar na campaña escolar  “El mundo de los sellos” organizada dende 1998 pola comisión de xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), coa participación de miles de escolares de toda España.

Con esta campaña preténdese familiarizar aos escolares coas posibilidades do selo “como elemento de cultura e diversión, de forma que se integre nas súas actividades de ocio, ao tempo que colabore na súa formación personal”, explican dende a FESOFI.

Entre as actividades que inclúe a campaña está a achega dunha exposición filatélica que no centro barquense estará do 24 ao 28 de abril, e o concurso a nivel colexio “Dibuja un sello de tu localidad” do que resultou gañador o debuxo feito por Miguel Ortiz Sousa, alumno de 5º B de Educación Primaria. O premio é a tirada limitada de Selos de Correos que imprimirán con ese debuxo que lles farán chegar ao colexio a finais do mes de abril.

Artigos relacionados

Back to top button