CulturaCulturaÚltima hora

Miguel Planells e José Manuel Novoa, ganadores do XI Premio de Fotografía Rosa Pons en Parada de Sil

Nesta edición participaban un total de 139 fotografías chegadas dende trece comunidades autónomas
“Paseo Matinal” de Miguel Planells, unha das fotos premiadas no certame de Parada de Sil.

Xa se coñece o nome dos ganadores do XI Premio de Fotografía Rosa Pons que convoca o Concello de Parada de Sil. O seu xurado reuníase o 9 de agosto e estaba formado polo escritor e fotógrafo Emilio Araúxo e polo editor e xornalista Pepe Arias, actuando de secretario o presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil, Xosé Antón Vázquez. Nesta edición concurriron 101 fotografías no tema libre e 38 na modalidde de fotografía de Parada de Sil, referente a bens artísticos, culturais, naturais ou persoeiros do concello.

Despois dunha longa deliberación, o xurado acordaba conceder o primeiro premio á fotografía titulada “Paseo Matinal” de Miguel Planells de Girona na modalidade tema libre, dotado con 700 euros; quedando en segundo lugar a fotografía de Pablo Pérez de Urretxu con 200 euros

Na categoría de visións de Parada de Sil os 800 euros do primeiro premio foron para o ourensán José Manuel Novoa e o segundo premio de 300 euros para a foto titulada “En busca del patio perdido” de Rosa aVillar, unha asidua participante neste concurso.

A alcadesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, vén de amosar a súa satisfacción pola importante participación de autores de trece comunidades autónomas e quere aradecer o patrocinador deste concurso Camilo Yáñez Pons a súa xenerosidade, así como ao xurado que de xeito altruísta axudou a resolver o concurso.

Dende o día 15 en horario de oficina poderán verse as fotos no salón de plenos do concello

Artigos relacionados

Back to top button