CulturaCulturaEntroido 2020Galerías de fotos

Mil Diabos á solta, acompañando á Morte, en Vinhais

As rúas de Vinhais (nordeste de Portugal) tinguíanse de vermello nunha tarde do 29 de febreiro na que ameazaba chuvia. Despois da misa de imposición de cinsa no seminario, multitude de mascarados vestidos de Diabos (demos) concentrábanse nas súas proximidades para dar comeza a unha espectacular e singular procesión que remataba no centro histórico e durante a cal actuaba a Banda de gaitas Dambara de Burela (Lugo).

A comitiva ía encabezada por un carro no que os Diabos ían deixando as mozas que capturaban nos balcóns durante o percorrido para levalas ante a Morte. Despois, a comitiva continuaba cunha enorme estrutura da Morte.

Este singular ritual, que inclúe diversas representacións teatrais no seu decurso, celébrase actualmente en Vinhais o sábado seguinte ao Mércores de Cinza, se ben a tradición era propia deste último día. O traxecto remataba no Largo de Arrabalde cun acto final no que as mozas bicaban a gadaña da Morte, cun espectáculo de lume e coa queima da Morte.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos:

https://www.osil.info/videos-dos-diabos-en-vinhais/

Artigos relacionados

Back to top button
Close