CulturaCulturaTempo de EntroidosÚltima hora

Mil diabos e a Morte, espallados por Vinhais

As rúas de Vinhais (nordeste de Portugal) tinguíanse de vermello na tarde do 13 de febreiro. Ao redor dun milleiro de mascarados vestidos de Diabos (demos) enchían a localidade nun espectacular e singular cortexo que remataba no centro histórico. Ía presidido pola estrutura enorme da Morte (cuns sete metros de altura) e del formaba parte un carro cheo de mozas, capturadas previamente polos Diabos de varios balcóns.

Este singular ritual, que inclúe diversas representacións teatrais, celébrase actualmente en Vinhais o sábado seguinte ao Mércores de Cinza, se ben a tradición era propia deste último día. Os actos comezaban coa misa de imposición de cinzas.

De seguido, os participantes reuníanse nunha carpa na que se podían degustar diversos produtos gastronómicos e na que ademais tiñan lugar actuacións como a do grupo mirandés Galadum Galundaina.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button