Mil Diabos e a Morte percorren as rúas de Vinhais

As rúas desta localidade portuguesa convertíanse na tarde do 9 de marzo en escenario dun singular espectáculo que remataba coa queima da xigantesca figura da Morte no centro histórico

Tras a saída da misa de imposición de cinsas no Seminário, comezaba en Vinhais (Portugal) na tarde do 9 de marzo unha espectacular procesión presidida pola figura unha xigantesca Morte e coa presenza dun milleiro de Diabos. Ademais encabezaba o cortexo o ritmo dos Gaiteiros de Zido e Ousilhão.

 

Os Diabos subindo a un dos balcóns de Vinhais para capturar a varias mozas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O ceremonial comezaba cando o “xefe dos Diabos” facía soar o seu corno dende a cima dun antigo carro. Pouco despois varios destes enmascarados (vestidos completamente de vermello) subían ata un dos balcóns da vila, axudados dunha escaleira, para capturar ás mozas que estaban nel. De nada valía os caldeiros de auga e cinsa que lles botaban, nin os berros nin a súa resistencia, finalmente eran capturas e levadas a un carro co que se iniciaba unha procesión pola vila.

Este traxecto estaba intercalado por varias paradas nas que se realizaban unha serie de representacións: a alegoría dos sete pecados capitais, a alegoría ceo-invero, os cantos de narración de anxos, a aparición do Diabo de Cidões… Finalmente, as mozas capturadas eran presentadas ante a Morte, que lles obrigaba a bicar a súa gadaña.

A partir de aí comezaba a parte final desta representación cun espectáculo de lume e coa queima da figura xigante da Morte no centro histórico. Despois producíase a relevación do rostro da Morte, así como o “quadro de despedida até o próximo ano”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

O “xefe dos Diabos” facendo soar o seu corno mentres arde a figura xigante da Morte./ Foto: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies