ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Mil e unha maneiras de sobrelevar a calor

Animais coma Roco gozan do verán aproveitando os cauces fluviais da zona para refrescarse e loitar contra as altas temperaturas

A comarca está a rexistrar estes días unha abafante calor con temperaturas de vértigo e, en pleno cénit estival, todo vale para sobrelevar un dos meses máis quentes do ano. Hidratarse, aproveitar as sombras ou bañarse nos ríos son algúns dos trucos máis socorridos.

Pero non só as persoas os empregan. Os animais tamén saben disto. Aí está para dar bo exemplo Roco, un can do municipio de Petín que, pese á súa avanzada idade -13 anos, contaba o seu propietario- atopou no encoro de San Martiño o seu mellor campo de xogos. Brincos, carreiras e tan só co complemento dun pao, o animal divertíase mergullándose augas abaixo da Ponte da Cigarrosa. É unha estampa que se repite en outros moitos puntos da comarca con cauces fluviais, conformando así mil e unha formas de combater a calor do verán.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button