ConcellosO BarcoÚltima hora

Mil globos con premios agochados na IX Noite Branca do Barco CCA

 

Globos brancos, alfombras verdes, diversos e saborosos petiscos e música. Deste xeito recibían aos clientes a partir das 20h. desta tarde os 29 establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) participantes na IX Noite Branca. Así, tres locais de hostalería e vinte e seis comercios de diferentes sectores súmanse a esta iniciativa de dinamización comercial ofrecendo descontos en produtos de tempada; e ampliando o seu horario de apertura ata as 23 horas.

Os establecementos participantes desta edición son:

Ana da Puente, Ana Óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Café Teatro Bajo 5, Can Can, Casabella, Crash, D´Chus, Deportes e bicis Chapi, Eneska, Pamen, Foot on Mars, Garoba, Koki, L´araña, A Maltería, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda X, Modas Toño, N 37, Ou Bambán dos Sorrisos, Pizpireta, Trios 2.0, Veira Sil, Zapatería Moral, Zapatería Palpie.

 

 

A música comezaba a soar a partires das 19:30h. da man dun DJ no centro da vila, que despois se encamiñaba ata a praza do Concello. Precisamente alí, arredor das 20:30h. tiña lugar unha concorrida tirada de globos con premios. Máis de 1.000 globos lanzábanse desde unha altura de 50 metros ao chan.

Os clientes tiñan que buscar os globos que gardaban un premio no seu interior, en forma de vale. Os que o lograban presentaban ese vale de compra na caseta do CCA, habilitada na mesma praza, e alí entregábaselles os premios: agasallos doados polos establecementos asociados ou vales de compra do CCA para gastar durante a “Noite Branca”.

A partir de aí soaba a Charanga Louband, que iniciaba un percorrido pola vila.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button