En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Mil persoas despiden a Romaría da Tuíza de Lubián cunha degustación de vitela

Ao longo de tres días a localidade zamorana de Lubián celebraba a festa da Tuíza. Ademais de verbenas e moita música os días 22 e 23 de setembro, a cita máis sinalada era a do día 24 coa tradicional Romaría da Tuíza.

A partires das once da mañá do domingo poñíase en marcha no entorno do santuario da Tuíza a Feira de Artesanía e Produtos da Terra, que permanecía aberta ao longo de toda a xornada. Ás 13h. celebrábase a misa solemne cantada pola Coral polifónica Candea de Viana Bolo, seguida da procesión, acompañada musicalmente pola Banda de gaitas As Portelas.

Xa pola tarde soaba a música da orquestra La Ocaband e como remate da festa tiña lugar unha multitudinaria degustación de vitela asada ao “burduntzi” nunha longa elaboración que se prolongaba durante o día. Dela ocupábase o equipo de Karlos Ibarrondo. Unhas mil persoas degustaban este delicioso prato, que se servía acompañado do viño de Ladeira da Mata (Manzaneda) e tamén por cervexa artesá de Monte Rei. Entre os comensais había moitas persoas do oriente ourensán, de zonas como A Gudiña, Viana do Bolo ou Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button