En portadaÚltima hora

A Milla Urbana do Barco, no ranking das mellores carreiras de España

A proba, que se celebra no marco das Festas do Cristo, vén de lograr o noveno posto no apartado nacional de Millas da tempada 2016/2017 e é a única galega incluída nesa categoría
Carreira absoluta masculina da pasada Milla Urbana do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ano a ano mellora en calidade e participación. Non en van a XXXI Milla Urbana do Barco, celebrada o pasado 17 de setembro no marco das Festas do Cristo desta vila, vén de situarse de novena no ranking das mellores carreiras de España na tempada 2016/2017, dentro do apartado de Millas.

“Esta proba vería incrementar súa puntuación en relación a edición do ano 2016 de maneira importante o que amosa a vocación de medrar e consolidarse como unha das importantes do panorama nacional”, tal e como se destaca dende a Federación Galega de Atletismo (FGA). Trátase ademais da única carreira galega que aparece no ranking desta categoría.

 

Unha das probas de veteranos desta competición barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Milla do Barco é unha das carreiras galega que consegue mellores postos no conxunto das categorías puntuadas no ranking nacional xunto coa XI Coruña 10, que tamén queda novena pero na sección de 10 km, na que tamén se atopa a XXXVII Carreira Popular de Negreira, que é 14ª. Na clasificación de Medio Maraton está no posto décimo cuarto (dun total de 31) a IX Media Maratón da Coruña. E xa no apartado da Maratón no posto décimo primeiro aparece a VI Maratón Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button